Roi Casal tende pontes con La Habana dende Vilagarcía

O músico galego borrou a distancia física entre Galicia e Cuba coa gravación en directo de Son Galego, Son Cubano


Unha ducia de músicos borraron onte a distancia física entre Galicia e Cuba enriba do escenario do auditorio municipal de Vilagarcía. Os textos do mestre Neira Vilas, musicados por Roi Casal, confluíron nunha magnifica mostra de síntese cultural en Son Galego, Son Cubano, que en cuestión duns meses callará de novo, desta volta nun disco en directo.

Este foi, precisamente, o obxectivo do concerto que desembarcou na capital arousá con novidades coma unha sección de danza inédita. Casal, que sendo de Catoira tocaba practicamente na casa, viaxará agora á illa caribeña para gravar en La Habana unha segunda actuación. Da mestura de ambas xurdirá unha selección de temas dificilmente repetibles. Fusión, emigración e alma.

Votación
0 votos
Comentarios

Roi Casal tende pontes con La Habana dende Vilagarcía