Ribadeo guarda la última bandera de España que se arrió en Cuba en 1899

J.A. RIBADEO / LA VOZ

CUBA

JOSÉ ALONSO

El cronista oficial sugiere que debería formar parte del futuro museo al que aspira el concello

05 jul 2018 . Actualizado a las 09:56 h.

De cuando en vez, la propuesta de construir un museo en Ribadeo aflora para de nuevo languidecer por el escaso entusiasmo con el que, tras una efectista vehemencia inicial, se acoge por las diferentes instituciones. Solo cuando el BNG formaba parte del gobierno de la Diputación, con Antonio Veiga, tuvo alguna posibilidad. Y ello a pesar de que Ribadeo cuenta con un lugar idóneo: el fuerte de san Damián, y con un patrimonio que va mucho más allá del galeón español hundido en la ría, del que se dice es el mejor conservado del mundo. En el Museo Naval de Ferrol y en el Museo do Mar de Galicia, en Vigo, se guardan muchas piezas recogidas en la ría, vestigios de otros naufragios. En el fuerte de San Damián están las antiguas imprentas del semanario Las Riberas del Eo. El museo de Vilalba posee una gran colección de piezas del yacimiento paleolítico de Vilaselán. Por no hablar del patrimonio artístico ligado a Ribadeo, sin ir más lejos con algunas obras que cuelgan en paredes del consistorio (incluyendo un cuadro de Benito Prieto Coussent).

Pero además, en Ribadeo se guarda la última bandera que se arrió en Cuba en 1899. En el borde luce una leyenda bordada: «Bandera oficial que ondeaba en el Real Arsenal de La Habana /que fue arriada el 1 de enero de 1899 al cesar la soberanía de España / recogida por el Excemo. Sr. D. Pedro Murias.

Patrimonio ribadense: o derradeiro emblema en Cuba

(ARTIGO DE EDUARDO GUTIÉRREZ, CRONISTA OFICIAL DO CONCELLO DE RIBADEO)

Pedro Murias, naceu nun pequeno lugar de Ribadeo en 1840, e cando tiña dezaseis anos emigrou á Habana, cidade na que residían algúns familiares. Comezou a traballar como operario na produción de tabaco, até chegar a torcedor. En 1870, unha grave doenza obrígao a voltar á súa parroquia natal, daquela A Devesa, hoxe Vilaframil, até que dez meses despois, xa reposto, regresa á capital cubana e convértese en dono da súa propia fabrica, comezando así a forxar unha sólida posición social. En 1.874 crea a fábrica de tabacos «La Meridiana», e poucos anos despois era xa fundador de marcas de sona. Mercou grandes extensións de feraz terreo na provincia de Pinar del Rio, converténdose en próspero produtor agrícola. Puxo en marcha fábricas de cervexa, e foi accionista de varias empresas e mesmo dispuxo dunha frota de barcos. Outorgou testamento en 1892, e nel determinou a creación dun centro de ensino agrario, para o cal deixou unha verdadeira fortuna. Morreu en 1906. A escola agrícola, con proxecto e inicial dirección do brillante enxeñeiro agrónomo ribadense, Henrique Suárez Couto, non comezou a funcionar até o ano 1922.

A figura e a traxectoria vital do afamado indiano, que fixo fortuna en América é hoxe bastante coñecida, aínda que quedan aspectos inéditos, á marxe de aqueles que pertencen á lenda. Con todo, o que motiva esta concisa nota é unha relevante curiosidade: entre o patrimonio do Centro que leva o seu nome, consérvase unha bandeira que ten inscrita a seguinte lenda: «Bandera oficial que ondeaba en el Real Arsenal de La Habana, que fue arriada en 1º de enero de 1899, al cesar la soberanía de España, recogida por el Excmo. Sr.D. Pedro Murias». Á marxe da hipérbole no tratamento, perpetrada polo fámulo de turno, autor do epígrafe, trátase do chamado pavillón naval, logo bandeira española de uso xeral, neste caso co escudo real coa bordura ovalada e partido, co león e o castelo.

Ofrecida a Primo de Rivera

A enseña foi protagonista en 1929, co gallo da visita do ditador Primo de Rivera á Escola, posto que lle foi ofrecida, para ser exposta nun museo. Pero o xeneral, ou levaba moita presa na súa viaxe a Asturias, ou por calquer outra circunstancia ?sen prescindir dunha súpeta obnubilación espirituosa--, rexeitou a proposta, de tal xeito que o retallo histórico, tan caro a Pedro Murias, ficou no Centro. Tense sinalado que foi a derradeira bandeira arriada na Illa, aínda que o Círculo de Artesáns da Coruña, conserva unha coa que agasallara a un batallón enviado a Cuba, que foi o postreiro en regresar, portando a devandita enseña. En calquer caso, parece seguro que o emblema conservado en Ribadeo, durante tempo ondeou no Real Arsenal da capital antillana, un dos asteleiros máis prestixiosos da América hispana e, ao decir do historiador Ovidio Ortega Pereira, só equiparable cos españois de Ferrol ou Cartaxena. Tómese como exemplo que o xigantesco navío «Santisima Trinidad», botado en 1769 saíu da rada do arsenal habaneiro. Foi afundido na batalla de Trafalgar en 1805.

Cando se consiga materializar a vella aspiración ribadense de contar cun museo, tal divisa debera formar parte do seu patrimonio.