O galego mola tamén en Londres

La Voz REDACCIÓN

REINO UNIDO

A youtuber e escritora coruñesa Isabel Villanueva presenta o seu libro «Palabras da miña vida» en Londres

04 oct 2019 . Actualizado a las 11:24 h.

O primeiro libro da escritora coruñesa e youtuber Isabel Villanueva, mais coñecida coma Isashopaholic, será presentado no St John's Hill Centre de Londres este domingo. O Galego Mola. Palabras da niña vida foi editado este ano por Hercules de Ediciones.

As persoas que asistan á presentación terán a oportunidade de falar coa autora, mercar o libro e levalo firmado. Tamén poderán descubrir en primicia unha pequeña mostra da liña de complementos que, baixo a súa marca de Isashopaholic e O Galego Mola, a autora ten previsto lanzar a finais deste ano.

Trala presentación o 2 de Maio na Fnac da Coruña e despois de levar o seu O Galego Mola. Palabras da niña vida ás feiras mais importantes de Galicia, Isashopaholic da o salto a Londres, cidade pola que ten un agarimo especial.

A presentación terá lugar entre as 11.30 e as 13.00 horas e ten entrada libre ata completar aforo. Ademais, servirase café, té e biscoito caseiro.