
A artista coruñesa está instalada en Madrid, di, porque lle resulta máis doado desprazarse. O 9 de xullo presenta o seu disco «Fume» no Temple (Cambre)
14 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.María Toro (A Coruña, 1979) pediulle un día aos seus pais que lle comprasen unha frauta traveseira. E a súa vida cambiou. Despois de estudar en Madrid, en Nova York ou en Río, evoluciona dende Madrid a súa fusión de jazz e flamenco aderezado coa alma galega da que, obviamente, non pode desprenderse. Fala pouco. O seu é expresarse coa música que lle sae de dentro.
—Está vostede xirando un disco que se chama «Fume».
—Si. Gravámolo no 2020, xusto en canto nos deixaron saír e levamos dous anos de xira con este proxecto. O 9 de xullo estaremos no Temple (Cambre) no festival de jazz.
—Volven os directos, xa había ganas.
—Si, porque ademais foi o ano de pandemia mais o de pospandemia, con moita incerteza porque había moitas cancelacións. Foron dous anos bastante duros. Agora estamos remontando.
—Unha coruñesa que funde flamenco e jazz. Iso non é frecuente.
—En Galicia hoxe en día hai moitísima cultura de jazz e moitos músicos impresionantes. É verdade que o flamenco non chega tanto. Pero eu estudei con bolsa en Madrid que foi onde tiven máis relación co mundo do flamenco e do jazz. Cando me mudei a Nova York tiven máis contacto co jazz.
—Estivo en Nova York, en Brasil...
—E vivín en Suíza tamén.
—Alma de emigrante.