Tania García: «Cambiei as prioridades e marchei a Islandia buscando un equilibrio»

Cristina Barral Diéguez
cristina barral PONTEVEDRA / LA VOZ

EUROPA

Tania García Méndez, exalumna del CIFP Carlos Oroza, que vive y trabaja desde hace seis meses en Reikiavik, en Islandia
Tania García Méndez, exalumna del CIFP Carlos Oroza, que vive y trabaja desde hace seis meses en Reikiavik, en Islandia T.G.

La joven cocinera de Sanxenxo dejó el restaurante Oria de Martín Berasategui y vive en Reikiavik

03 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

En mayo del 2021, Tania García Méndez contaba a La Voz que capeaba la pandemia del covid-19 en el restaurante Oria de Barcelona, un estrella Michelin del chef Martín Berasategui. Allí la joven de 23 años de Sanxenxo evolucionaba en la cocina como segunda jefa en la partida de carne. Ya entonces, esta exalumna que estudió los ciclos medio y superior de cocina en el centro integrado de formación profesional (CIFP) Carlos Oroza de Pontevedra decía que en unos años se veía en otro país, más por lo personal que por lo profesional. Antes del Oria había trabajado en Fonda España, también en la ciudad condal y del chef vasco.

Y ese cambio que aventuraba se produjo quizá antes de lo pensado. Tania cuenta desde la capital de Islandia, donde vive desde hace seis meses, que está disfrutando de esta nueva etapa vital. Aunque tenía contrato y estaba en un estrella Michelin, decidió marcharse del Oria. ¿Por qué lo hizo?, se le pregunta. «A experiencia en Oria valóroa positivamente, considero que evolucionei moito profesionalmente nestes últimos anos. Pero a pandemia creo que cambiou o meu punto de vista sobre as prioridades que tiña anteriormente», relata desde Reikiavik.

Tania no entra en detalles, pero de sus palabras se desprende que el bienestar emocional y la salud mental es fundamental en la vida, al margen de la edad que se tenga. Ella cumplirá en agosto 24 años, pero tiene muy claro cómo quiere que sea su día a día. «Cambiaron as miñas prioridades. O traballo para min é importante porque é o que me gusta facer e é o que quero seguir facendo. Pero por outro lado considero que tamén se debería de chegar a un equilibrio co traballo e a calidade de vida. E chegados a un punto decidín mirar polo que quería facer persoalmente, cousas que ata ese momento non dera o paso a facer».

Y su destino fue Islandia. En su aventura pesó para bien que tiene unos amigos viviendo en el país, que además siempre le había llamado la atención. Está feliz. «A miña opinión persoal é que ata este momento nunca tivera a calidade de vida que teño aquí. Cheguei a Islandia por uns amigos que viven aquí e dixéronme que probara neste país, e aquí estou», comenta. Desde el pasado septiembre su vida, sus jornadas y su tiempo libre son otra cosa. Reside en la capital y se defiende con el inglés. Como le suele suceder a muchos, Tania pensaba que su nivel de inglés era mejor, pero es cierto que la comunicación avanzó rápidamente. «Voume defendendo pouco a pouco. A evolución é notoria, pero sigo nelo para melloralo».

Encontró trabajo y un buen sueldo en su sector. Está como segunda de cocina en un restaurante que es una reapertura. ¿Cómo es la cocina islandesa? «Gastronomicamente é un país con un tipo de cociña nórdica e que se está comezando a desenvolver nese sentido», explica. El aprendizaje y la evolución se mantienen y si algo valora de Islandia es todo lo que aporta su espectacular paisaje de volcanes, géiseres, termas y campos de lava. «A natureza de aquí é incrible, desfrútase moito do tempo libre», subraya Tania de una isla muy ventosa y extrema, eso sí, pero que a veces le recuerda a Galicia. La joven valora la tranquilidad y el estar bien. Son las puertas que está dispuesta a seguir abriendo para crecer en la cocina, pero sobre todo en la vida.

Non, sen elas non é posible. Por Ricardo Fernández Guerra, profesor de cociña no CIFP Carlos Oroza

Escribe estas liñas quen comezou seu percorrido na profesión hostaleira no ano 88, ao principio sen rumbo e despois xa cun obxectivo mellor definido: facer deste oficio seu medio de vida. Dende o primeiro momento houbo mulleres neste longo e complexo camiño, moitas delas mulleres con carácter, que, xa naqueles anos onde a igualdade era unha utopía, dirixían centros de traballo con forza, algunhas axudáronme moito —e tamén fixéronme sufrir— mais ao fin axudaron. Non foi un percorrido sinxelo.

Algunhas destas mulleres que (afortunadamente) se me cruzaron no camiño profesional en restaurantes, pastelarías, tendas de pratos preparados, centros de ensino; foron Mari Carmen, na Estrada e despois en Santiago, Oneka en Lasarte, Pilar, Nuria e Mertxe en Donostia, Presen en Ponferrada, Paula e Gloria en Pontevedra; e paro aí porque non me entrarían todas na columna.

Cando un analiza seu percorrido profesional coa perspectiva que outorga a experiencia e os anos que van pasando sen descanso dase ben conta que sen as mulleres como compañeiras e moitas veces «gobernantas» de centros de traballo agora sería bastante máis pequeno, persoal e profesionalmente.

Por iso dende a miña actual ocupación como docente de FP é unha ledicia comprobar como as rapazas destas novas xeracións collen dende o principio o timón sen medo, gobernan no taller, deciden, pensan e actúan ante os imprevistos (en moitísimas ocasións bastante mellor que os rapaces); é un feito e hai exemplos. Finalmente estas mulleres cando se incorporan ao mundo profesional demostran que están preparadas, son propietarias do seu destino e actúan en consecuencia, rompen as barreiras que aínda algúns queren impoñer. Temos que entender que un mundo mellor sen elas non é posible. Eu xa o entendín hai tempo.