Paulo Rodríguez, emigrante en Dublín: «Os irlandeses son moi parecidos a nós»

Miguel Ascón Belver
Miguel Ascón OURENSE / LA VOZ

EUROPA

Paulo Rodríguez frente al Trinity College, donde estudió y uno dos puntos neurálgicos de la ciudad.
Paulo Rodríguez frente al Trinity College, donde estudió y uno dos puntos neurálgicos de la ciudad.

Tras 16 años en Irlanda, está plenamente integrado, pero sigue ejerciendo de ourensano

06 dic 2021 . Actualizado a las 13:16 h.

«Levo aquí dezaseis anos, case tantos como botei en Ourense». Paulo Rodríguez Fernández (Ourense, 1979) escribe desde Dublín. Aunque echa de menos A Ponte, allí está plenamente integrado y tiene incluso la ciudadanía irlandesa desde hace tiempo. «Son xente moi aberta. Vivir aquí e moi sinxelo», explica el ourensano, que confirma las similitudes entre ambas culturas. «Os irlandeses son moi parecidos a nós», dice Paulo, que hace referencia a las raíces celtas que unen a ambas comunidades: «Os libros mitolóxicos din que foron os celtas galegos os que invadiron Irlanda (literalmente os fillos de Breogán). Sempre lles digo un pouco en coña, un pouco en serio, que eu so cheguei 2.500 anos tarde. Os dous somos pobos emigrantes»

Pero la conexión va mucho más allá. «Ás veces son pequenos detalles que pasan desapercibidos aos que non coñecen en profundidade os dous mundos. Temos un humor moi similar, con ese punto de sorna que non se sabe se o dicimos en serio ou en coña. Valoramos a familia dunha forma semellante. Tamén somos moi de xuntarnos e falar», explica el ourensano, que remarca la gastronomía como una de las principales diferencias, en favor de la gallega, obviamente.

En realidad, si Paulo Rodríguez aterrizó en el año 2003 en Dublín fue por amor. Había conocido a su pareja, Cris Guntín, en A Coruña cuando estudió allí la carrera y, al terminar, ella consiguió un trabajo de profesora de español en la ciudad irlandesa. «Estabamos daquela no final do que se chamou o “tigre celta” (celtic tiger) e, se tiñas formación técnica, atopar traballo era moi sinxelo. En dúas semanas estaba traballando. Pero eu son moi caseiro. Se por min fora, tería quedado en Ourense, pero Cris é a aventureira. Ela vivira en Escocia, Irlanda e eu subinme ó carro», confiesa.

Los diez primeros años desarrolló su carrera en áreas técnicas, muy ligadas a su formación académica. «Pero, tras facer un máster en Trinity College (unha das universidades de Dublín) dinme conta de que se me daba bastante ben o tema da xestión do negocio e busquei unha forma de combinar ambas. Entrei a traballar en Google no departamento de vendas. Tiven moita sorte. Caín alí nun momento onde Google era un innovador radical en moitas areas. Foi o equivalente tecnolóxico a vivir o renacemento na casa de Leonardo da Vinci», relata Paulo, que hace unos meses decidió tomarse un descanso: «Decidín darlle ao botón de pausa e tomarme uns meses para dedicarme única e exclusivamente á familia».

Ahora, según explica, está tratando de aprender cosas nuevas, «intentando entender como está cambiando o mundo tecnolóxico coa entrada da xeración Z no mercado laboral e os modelos disruptores como a descentralización». Además, colabora con empresas pequeñas que están innovando en sus sectores tanto en Galicia como en Silicon Valley. «Unha das vantaxes deste novo panorama que nos deixa o covid e que as fronteiras que onte eran moi claras, hoxe son bastante difusas e permite que un rapaz da Ponte que vive en Dublín traballe cunha startup de San Francisco (a cidade ou barrio) dende a súa casa de Dublín».

Sus palabras destilan morriña: «Non deixamos de ser ourensáns por estar fora de Ourense. As nenas e mais eu falamos en galego e tento cultivar o seu amor por Ourense tanto cando estamos aquí como cando estamos alí. Elas son moi fans de Pazolandia, como calquera rapaz de Ourense. É a mellor vacina para o sectarismo que semella campante en certos sectores da sociedade europea».

Un barrio «similar» al de A Ponte

Paulo Rodríguez Fernández es un orgulloso nacido en A Ponte. Quizás por eso le gusta remarcar que él en Irlanda vive en el barrio de Drumcondra, en cierto modo similar: «Esta unha cidade de río, como Ourense. En Dublín, a división e Norte-Sur e en Ourense é Ponte-Ourense. A miña avoa segue indo a ‘‘Ourense’’ 70 anos despois de que se integrara o concello de Ponte Canedo. Os da Ponte somos así».

La ESEI, clave

Paulo estudió en el colegio de A Ponte y en el IES Blanco Amor. Después se marchó a Coruña a cursar Ingeniería Técnica Informática de Sistemas. «Cando rematei a carreira, acababan de abrir o ciclo superior de informática en Ourense e fun facer os dous cursos que me quedaban para rematar a Enxeñería Superior. Así que de volta a casa. Unha das cousas que mais influenciaron a miña vida foi esa etapa. Na ESEI había uns profesores espectaculares. Javier Rodeiro Iglesias xuntounos a uns cantos camándulas e montou con nós un grupo de traballo de seguridade informática nun laboratorio (segue vivo e posiblemente é unha das fontes de talento técnico mais potentes de Ourense). De aí saín eu, David Martínez Carballo, que é o CEO de OpenHost e Jorge Vázquez, o CEO de Redegal, dúas das empresas tecnolóxicas mais potentes de Ourense. E iso, so na miña quinta», cuenta Rodríguez que explica que después, ya en Dublín, hizo un máster de gestión de sistemas de información.