Elda Miramontes: «Funciona o de achegar a ciencia aos bares»

EUROPA

Esta veciña de Bergondo, que traballa en Francia, participou nunha das charlas que a entidade Lastra impulsa en Carral dentro do ciclo C4

04 nov 2016 . Actualizado a las 11:20 h.

Elda Miramontes García (Pontedeume, 1990) estudou Ciencias do Mar, está a piques de ler a súa tese de doutoramento tras varios anos de traballo en Francia para o Ifremer, o instituto oceanográfico francés. Durante unha visita a súa familia en Bergondo, aproveitou para apostar pola divulgación científica en Carral, dentro do ciclo que promove a entidade Lastra.

-É un dos científicos que se nos foi.

-Si, basicamente iso, cando rematei a carreira no 2013, estaba moi complicada a cousa aquí, non había becas para facer doutoramento e non se sabía nada cando ían saír. E vin unha oferta de Francia, pareceume interesante e fun para alí e estou moi contenta. Foi un contrato por tres anos, xa rematei, pero vou seguir alí un pouco máis.

-¿Sobre que traballa?

-A miña tese trata sobre os desligamentos submarinos, que é como se fosen avalanchas de sedimentos no canal de Córsega. E estudio por que foi inestable o fondo, para saber mellor como se producen este tipo de movementos para nun futuro podelos comprender mellor e poder predicilos.

-¿Podería ser trasladable aquí?

-Si, aínda que Galicia é un pouco diferente porque aquí temos moi rápido zonas moi profundas. É difícil abarcar todo e o que facemos é casos concretos e mirar se son extrapolables. O que vimos en Córsega e comparable a outros casos en Atlántico, Arxentina...

-¿En Carral falou de «A Xeoloxía Mariña vs. Internet»?

-E que é difícil explica o que fas, porque parece abstracto, pero pode afectarnos moito o que pasa no fondos dos océanos a vida cotiá. Expliquei, entre outras cousas, que as telecomunicacións hoxe en día van por cables submarinos e cos desligamentos poden rachar e quedamos sen conexións. Pode parecer que o que ocorra nas profundidades non nos afecta, pero pode afectarnos moito. Un dos casos mais famosos é o que houbo en Niza no 1979 e que se produciu no aeroporto e houbo mortos polo desligamento e o tsunami que provocou despois.

-Colaborou con Lacrar.

-Si, traballei con Anxo Mena, uns dos socios en Londres este verán. As súas iniciativas son moi boas, é unha charla nun bar. A xente ve aos científicos como raros, e é achegar a ciencia a xente e faise nun bar porque é un ambiente más tranquilo e o público pode sentirse máis cómoda para preguntar e falar sen medo. O proxecto chama Carral C4 (Carral, ciencia, cultura e cervexa) e como concepto está moi ben. Hai un movemento europeo de divulgación científica, Pint of Science, como unha pinta de ciencia e organizan tamén charlas en bares e funciona moi ben.

E

Elda Miramontes García

Investigadora mariña

Elda Miramontes Garcia, a bordo do «Pourquoi Pas?», durante a campaña Prisme3 no canal de Córsega.

«Cando rematei a carreira estaba moi complicada a cousa por aquí e marchei»

«Os escorregóns mariños poden afectar ás nosas comunicacións»