Un instituto aberto á Unión Europea

miguel albo VIVEIRO / LA VOZ

EMIGRANTES A CORTO PLAZO

Grupo de estudantes de Poussan (Francia) que estiveron en Burela gracias a un intercambio
Grupo de estudantes de Poussan (Francia) que estiveron en Burela gracias a un intercambio héctor manasé

O Monte Castelo concorre a varios programas de intercambio con outros centros

25 jun 2014 . Actualizado a las 11:06 h.

O IES Monte Castelo non vive de costas ao presente e ao futuro. Todo o contrario. Desde a dirección e pasando por todos os profesores, a aposta do centro burelense por ollar á Europa é moi importante.

«El centro participa desde hace muchos años, aproximadamente desde el 1998, en una serie de proyectos europeos de educación. El mundo y la educación se mueven a nivel global y son proyectos que consideramos muy importantes para nuestro alumnado, dado que son interdisciplinares y están basados, lógicamente, en el conocimiento de idiomas. Se trata de ofrecerles una proyección internacional cuando encaren su futuro laboral», sinala Irene Paredes, encargada xunto á súa compañeira Victoria Pérez de tutelar os programas nos que participa o instituto.

Paredes considera vital para os estudantes «conocer otros ambientes culturales y educativos. Hoy en día es una ventaja saber trabajar en un equipo integrado por personas que han recibido una formación diversa y que hablan otros idiomas.

Programa Erasmus+

O centro xa ten solicitado de cara ao próximo curso a participación nos programas do proyecto Erasmus+. En concreto, a intención do equipo de Paredes é participar nos programas Vía Europa, dirixido a alumnos da ESO e no que traballan de forma conxunta utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación con centros de Romanía, Croacia, Francia e Italia; no programa Cultura Pro-Natura, que establece o intercambio de profesores e alumnado de Primeiro de Bacharelato cun socio da República Checa, con estancias que van dos 15 días aos tres meses.

No tocante ao alumnado dos ciclos formativos, a intención do centro é repetir a experiencia deste curso, no que un total de 26 estudantes puideron facer as súas prácticas no centro de traballo en empresas de Italia. 17 alumnos pertencían ao ciclo formativo medio de Auxiliar de Enfermería, mentres que os restantes nove cursaban os ciclos superiores de Educación Física e Saúde Ambiental. Todos eles completaron unha estancia de mes e medio en diferentes zonas do país italiano, nunha experiencia que todos cualifican de fabulosa e proveitosa. De momento, están pendentes de coñecer o número de prazas que terán o vindeiro ano.