1994: Sotelo Blanco, de emigrante en Barcelona a editor galego

O editor de Castro Caldelas facía balance dos seus anos en Cataluña


O suplemento «Sociedad» adicaba a súa apertura á aventura vital de Olegario Sotelo Blanco. Nunha reportaxe asinada por Santiago Romero e X. M. Pereiro facíase un percorrido pola historia daquel rapaz de San Clodio, en Castro Caldelas, que marchara á emigración con 17 anos, 500 pesetas e un traxe mercado a prazos. Comezou servindo mesas no Bar Ramos, que era dun emigrante de A Teixeira, e pasou por fábricas, vendeu cadros a domicilio, xamóns polos bares e ata rematou por facer de detective. Logo de sacar un curso de aparellador entrou na construcción e na promoción inmobiliaria; e despois montou a oficina na Pedreira de Barcelona.

Salientaba Sotelo Blanco a súa aposta por Galicia, onde creara a súa editorial, e por facer dela un proxecto rendible e exemplar. A última iniciativa era a posta en marcha de Ronsel, para a edición en castelán, e proxectos como a publicación de obras de autores como Saramago.

Votación
0 votos
Comentarios

1994: Sotelo Blanco, de emigrante en Barcelona a editor galego