«Estamos con algo fermoso: 106 cartas entre Eduardo Moreiras e Vicente Aleixandre»
ESPAÑA EMIGRACIÓN

Andrés Pociña, catedrático de Filoloxía Latina na Universidades de Granada, confesa sentirse orgulloso de ter nacido «intramuros: na rúa do Progreso de Lugo»
16 ene 2015 . Actualizado a las 08:41 h.| Andrés Pociña é
catedrático de Filoloxía Latina na Universidade de Granada, unha materia na que Aurora López é profesora titular. A pesar da distancia, os dous son autores de importantes traballos vencellados con Galicia, destacando os que teñen feitos sobre Rosalía de Castro, sobre Cantares Gallegos ou Conversas con Maruxa Villanueva. Pociña salienta que, contrariamente ao que pasa noutras universidades, «temos alumnos, bastantes alumnos e a maioría son españois, aínda que tamén hai Erasmus».
-É unha novela da que estou contento e a quen a leu gustoulle moito. Cos libros en Galiza pasa que uns se reciben moi ben e outros morren non se saben ben onde, eu penso que na casa do editor.
-Teño dúas pezas e unha, Monólogo de Medea en Camariñas, está escrita en galego e representouse, e estase representando, con éxito moi grande, pero sempre fóra de Galicia. O máis cerca que estivo foi en Coimbra. En Valencia fixérona cegos e cegas e gañou moitos premios. No teatro vou tendo sorte.
-En Granada levamos 38 anos despois dos anos que estivemos en Salamanca, e sempre mantendo o galego. Témolo no corazón. Aquí a lingua, loxicamente, é o castelán, pero entre nós falamos galego.
-Si, imos moito á Alpujarra e ten cousas que son galeguísimas: as velliñas da Alpujarra pódense intercambiar coas mulleres galegas, vestidas de negro. A vexetación tamén é galega. Cando temos un pouco de morriña collemos o coche e vamos alá.
-Estamos como tolos con ela. É o ultimo libro e levounos moitos anos, aínda que no medio publicamos moitas máis obras. Foi feito con toda a calma do mundo, ela colaborou moitiño e nós queremos a Luz como se fose a nosa nai. Puxo ao noso dispor un arsenal de datos que ten e contamos moitas cousas.
-Non, o mellor libro é Comedia romana, é a mellor historia da comedia romana que se escribiu nunca e levounos máis de 20 anos. Tamén é moi boa a biografía de Rosalía con tres volumes que publicou a Fundación Barrié en 1990. Sigue vendendo e levamos 1.500 volumes. O de Luz é moi bonito, esa foto dela de nena na portada invita a entrar no libro.
-Non, nós temos moitos alumnos, non me pregunte como que non o sei explicar. Estudamos moito o teatro grego, o latino e o moderno. Eu comparo as obras clásicas co teatro en Arxentina, porque nós imos moito alí: canta máis crise máis difícil é atopar entradas. O teatro énchese coa crise.
-Nunha cousa moi fermosa. Luz Pozo estivo casada con Eduardo Moreiras, que é un poeta galego maldito do que non se acha nada, so O libro dos mortos. Este home nos anos 1950-56 tivo unha correspondencia con Vicente Aleixandre, premio Nobel de Literatura, e consérvanse as cartas que lle mandou Aleixandre. Eduardo deixoullas a Luz, facendo mención delas no testamento e dicíndolle que as puxera en boas mans ou queimábaas alí mesmo. Luz estivo moitos anos traballando para publicalas e hai dous anos veu cunha maleta de avión na que estaban as cartas de Vicente Aleixandre e dixo: «Quero que as levedes, que sodes quen as tedes que editar». Son 200 páxinas, 106 cartas inéditas, unha obra diferente e nova que vai saír en catro ou seis meses. E é importante porque cambia a imaxe que se tiña de Vicente Aleixandre.