«A derradeira leición do mestre» xa está en Galicia

La Voz

ARGENTINA

A obra mestra de Castelao chegou esta tarde ao Gaiás dende Bos Aires

02 oct 2018 . Actualizado a las 13:50 h.

Galicia recibiu este luns «A derradeira leición do mestre», a obra mestra de Castelao que estará exposta na Cidade da Cultura a partir do vindeiro 5 de outubro. Considerado como «o Guernica galego», a peza iniciou a súa viaxe seis días atrás dende o Centro Galicia de Bos Aires. Chegou a Madrid en avión e, dende alí, foi transportado por estrada escoltado pola policía.

O óleo ten máis de dous metros de altura e nunca saíra do Centro Galicia de Buenos Aires. A súa presenza na mostra compostelá realizarase en virtude dun acordo de cesión temporal para a súa exhibición e regresará á Arxentina unha vez clausurada a exposición. A mostra no Gaiás poderá visitarse ata o 3 de marzo do 2019.