Un Magosto en Berlín que reactiva o asociacionismo galego en Alemaña

La Voz REDACCIÓN

ALEMANIA

A festa celebrouse con obxectivo de ser un espazo alternativo de convivencia da emigración galega berlinesa

05 nov 2019 . Actualizado a las 12:49 h.

Un grupo de galegas en Berlín organizou o pasado sábado 2 de novembro un Magosto aberto como primeiro de encontro das que viven nesa cidade e, en extensión en Alemaña.

A cita contou co concerto intimista de Benxamín Otero, artista folk de grupo Linho do Cuco e compositor da banda sonora da curtametraxe «Alzheimer», quen realizou así o seu primeiro concerto na capital alemá.

A festa celebrouse no teatro Vierte Welt, do distrito multicultural de Kreuzberg, ás 20.00 ata a madrugada, con obxectivo de ser un espazo alternativo de convivencia da emigración galega berlinesa e daquelas doutras localidades que se achegaron alí, como as integrantes do grupo de pandeiretas Son Berlín. Tamén estivo presente a crítica musical freelance da emisora de radio Deutschlandfunk, Katrin Wilke e experta en World Music.