1.892 veciños de Viveiro, mozos na súa maior parte, emigraron nos últimos dez anos

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

ACTUALIDAD

PEPA LOSADA

O BNG presenta unha moción para reducir a emigración tanto en Viveiro como en Galicia

10 dic 2019 . Actualizado a las 09:58 h.

Perto de 1.900 veciños de Viveiro, na súa meirande parte mozos e mozas, emigraron nos últimos dez anos. Son datos que revela o BNG de Viveiro, publicados polo INE e o CERA (Censo Electoral de Españois Residente no Extranxeiro) a data 1 de febreiro de 2019; o Bloque presentará unha moción no concello para «reducir a emigración tanto en Viveiro como en Galiza».

«Se non lle poñemos remedio a esta sangría poboacional, significará a morte a medio prazo de Galiza como ente colectivo. A condición periférica e subordinada da nosa economía, a destrución de parte importante da nosa base produtiva, a precariedade no emprego e a ausencia de políticas ambiciosas de igualdade e fomento da conciliación están na base do devalo demográfico do país e o aumento da emigración», expresan.

Na moción propoñen que o concello inste ao Parlamento «a tomar en consideración este drama nacional e social» e tome medidas con políticas prioritarias que dean solución a este problema, que califican de «emerxencia nacional».