Unha exposición para coñecer a historia da Galicia navegante


A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, inaugurou no Museo de Pontevedra a última exposición producida pola institución, «Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII» e tal e como explicou a presidenta «ten unha dobre condición, a de traer á memoria unha parte importante da historia de Galicia e de homenaxear aos esforzados navegantes galegos que abriron os camiños do mar, atopasen ou non gloria na empresa». Pola súa parte, o director do Museo, José Manuel Rey, destacou que «poucas cidades como Pontevedra terán un pasado tan estreitamente vinculado co mar e darían á Historia tantos navegantes; e poucos museos terán aos mariños e navegantes tan presentes entre as súas coleccións».

A mostra toma un punto de partida, a primeira circunnavegación do planeta, a expedición Magalhães/Elcano cando se cumpren 500 anos da súa partida.

Ofelia Rey é a comisaria desta mostra que se pode ver ata o 14 de xaneiro. «É unha parte da historia de Galicia que se descoñece, que permaneceu practicamente invisibilizada e da que existen poucos documentos e materiais», explicou a comisaria. Por iso, unha das grandes fortalezas desta mostra está no relato, en explicar en pouco máis de trinta paneis unha historia da navegación galega que arranca nese interese de comercial coas Illas Molucas e remata no século XVII cando mudan as formas de navegación. Pero tamén está en recoñecer

esa historia de navegación que chegou ata os noso días a través do imaxinario popular que recolle a literatura galega Na medieval, o Atlántico é o Mar Maior, cantado por Paio Gómez Chariño, o poeta almirante sepultado na igrexa de San Francisco de Pontevedra, a Boa Vila, porto importante aínda a fins do século XV. Pero hai máis, a historia do Colón pontevedrés; o Fernando de Magalhães que naceu na aldea de Magaláns, na mesma ría, explican os organizadores da mostra.

Votación
1 votos
Comentarios

Unha exposición para coñecer a historia da Galicia navegante