«En Dinamarca descubrín que o ensino teórico non é o máis importante»

Tamara Montero
TAMARA MONTERO REDACCIÓN / LA VOZ

ACTUALIDAD

Davide do Arroio traballa nunha «efterskole», internados que non siguen un programa regrado

07 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Acabou a carreira e «e o ambiente estaba tan desanimado e eran tan desalentador para buscar traballo» que Davide do Arroio (Encrobas, Cerceda, 1990) botou un feixe de solicitudes para un voluntariado europeo. Aterrou en Dinamarca, nunha das 280 efterskole que hai no país. Logo do voluntariado, contratárono. E atopou un xeito de educar diferente.

-Explique o das «efterskole».

-É un modelo único de Dinamarca, aínda que hai algunhas no norte de Alemaña e en Suecia. É un colexio onde a rapazada decide vivir un ano internado. Hai algún que decide estar algún ano máis, por iso hai rapaces de 15 a 17 anos.

-Así que viven na escola.

-Cando vin para aquí tamén pensaba, «ui, un internado...» porque aí cando te mandan para un internado é que es «mal chico» pero e que é todo o contrario. Moita xente vén para fomentar a súa parte social e sobre todo para ser máis independente. Eu comparo o ano que pasan aquí co meu primeiro ou segundo ano de universidade. Si que se nota. Teñen unha rutina estruturada pero tamén son libres e teñen moita voz para suxerir cambios e sobre todo á hora de escoller as materias que queren facer.

-Logo non é o sistema habitual

-Ao principio, cando cheguei aquí parecíame que o ensino teórico estaba dado de lado. Víao como unha traba, pero agora chego a descubrir que iso non é o máis importante, que o importante é que eles teñan unha base e que logo poidan profundizar un pouco máis. Máis trabas poderían ser que o tema de ir a países tan exóticos [fan tres viaxes ao ano] non é tan importante, senón que é máis importante no crearlle á rapaza a idea falsa de que indo a países do sur e levándolles un legos aos que están alí poden salvar o mundo.

-O ano pasado e este ano toca o Camiño como unha das viaxes.

-Foi unha experiencia curiosa. Agora teño dous mundos distintos e en Dinamarca vivo alleo ao mundo galego. Poñer xente de Dinamarca en Galicia é como se rompese o espazo-tempo. Cando as mesturas algo pasa, é curioso. Gustoulles moito a gastronomía e descubriron o colacao, que non o hai aquí.

-Galicia será descoñecida alí...

-Do Camiño saben, pero de Galicia non. Nas primeiras aulas bailamos baile tradicional e quedaron moi sorprendidos por é algo totalmente distintos ás sevillanas, que relacionan con España. Querían bailar seguido. Unha posibilidade que dá a efterskole é que como temos tres meses para falar do tema e logo imos é moi produtivo, é como se tiveran elas o seu propio proxecto. Creamos un libro para saber por onde iamos ir exactamente... Iamos falando e logo vírono. Evidentemente é unha posibilidade que só teñen os que veñen a esta escola.