A Xunta sufragará a asistencia a emigrantes gallegos en Río de Janeiro

Canal Voz

ACTUALIDAD

O secretario xeral da Emigración ven de asinar un convenio para asistencia a necesidades básicas da colectividade galega na cidade brasileira

27 mar 2012 . Actualizado a las 11:45 h.

Santiago Camba tamén rubricou outro acordo para axudar á reforma da Casa de Espanha, en boa parte derrubada por chuvias torrenciais

Camba recibiu en Sao Paulo o premio Marcial Mariñas, un dos galardóns máis destacados da diáspora no Brasil

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, ven de asinar un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Sociedade Recreio dos Anciâos para Asilo da Velhice Desamparada ?representada pola súa presidenta, Regina Jallas- para asistencia a necesidades socio sanitarias básicas da colectividade galega residente en Río de Xaneiro.

En Río de Xaneiro reside unha amplísima colonia de galegos e de seus descendentes, na súa maioría maiores, que están a sufrir unha moi difícil situación socioeconómica, que xera un deterioro do seu nivel de vida, que asemade se está a agravar debido á falta real e operativa de mecanismos integrais de cobertura social e asistencial para este colectivo.

A Sociedade Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada é unha entidade benéfica, fundada no ano 1940 por emigrantes, destinada a acoller anciáns temporal ou permanentemente de xeito gratuíto, dando prioridade aos máis necesitados. A acollida inclúe alimentación, vestiario, servizos médicos, e outros, contribuíndo así de maneira moi salientable á mellora dos aspectos social, emocional e psicolóxico. Nas súas instalacións en propiedade, a Sociedade conta con 250 habitacións, teatro, capela, biblioteca e unha ampla área de esparexemento.

Os destinatarios finais do convenio serán as persoas de orixe galega ou descendentes destes, ata o segundo grao de consanguinidade, con nacionalidade española e residentes en Río, que pola súa idade, estado físico e situación de carencia, teñan a necesidade de residiren no centro asistencial xestionado pola Sociedade. Para o financiamento das actuacións previstas, a Secretaría Xeral da Emigración achegará a contía de quince mil euros.

«Casa de Espanha»

Trala sinatura deste convenio, Santiago Camba trasladouse ata a Casa de Espanha De Río, onde foi recibido polo seu presidente, Antonio Carlos Carballo. Ambos asinaron un convenio de colaboración, que serve nesta ocasión para a realización e obras de reforma que permitan un mellor servizo aos galegos, moitos deles de avanzada idade, vinculados a esta institución.

Así, e segundo reflicte o propio convenio, «debido ao temporal con choivas torrenciais acaecidas no mes de abril do ano 2010 en Río de Xaneiro e a súa área metropolitana, que provocaron o derrube dunha das ladeiras do cerro de Corcovado, quedou afectada gran parte do inmoble no que está radicada a sede social da entidade, causando danos considerables en grande parte do inmoble. Como consecuencia deste feito tiveron que levarse a cabo importantes actuacións de desentullo e retirada de masas de terra, que trouxeron consigo situacións de inestabilidade do terreo co conseguinte perigo de que derivara nunha situación de derrube do ben inmoble. Esta circunstancia fixo preciso levar a cabo obras de aseguramento do inmoble mediante a construción dunha estrutura que contribuíra á seguridade e estabilidade do terreo, evitando así unha situación de perigo de derrubamento».

O texto asinado tamén reflexa que «unha vez preservada a estabilidade do inmoble, a situación de deterioro na que se atopan determinadas partes do mesmo impide que a entidade poida continuar co desenvolvemento das súas actividades», polo que se fai necesaria unha intervención máis ampla, que en parte verase sufragada por Emigración, a través dunha achega de ata sesenta mil euros.

A Casa de Espanha de Río de Xaneiro é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa actualmente a preto de 1.350 emigrantes galegos, sendo a principal entidade galega na megalópole brasileira. Ten como obxectivos servir de vínculo entre os membros da colectividade española, promover reunións sociais, culturais e recreativo-deportivas entre os seus asociados, incentivar actividades culturais, así como levar a cabo actividades de carácter asistencial, educativa e filantrópica.

Para o cumprimento destes obxectivos a entidade posúe un inmoble radicado no barrio de Humaitá de Río, no que desenvolve accións de difusión do patrimonio cultural galego, tales como actividades culturais, deportivas, musicais -escola de gaitas-, clases de lingua e literatura, así como a xestión dun centro de día no que proporciona aos emigrantes galegos actividades sociais, de ocio cultural e recreativo, e asistencia mutual e de saúde. Constitúese así, polo tanto, nun punto de encontro dunha parte importante da colectividade galega residente en Río de Xaneiro, e contribúe á dinamización desta colectividade, garantindo a súa pervivencia no tempo e o estreitamento dos lazos culturais e sociais entre a Galicia exterior e a Galicia territorial.

Tamén en Santos e Sâo Paulo

Santiago Camba regresa este mesmo domingo a Galicia trala sinatura destes dous convenios e dos que onte rubricara en Santos e Sâo Paulo, onde tamén reside outra boa parte da colonia galega en Brasil. Así, na Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficiente Rosalía de Castro de Santos asinou un acordo para asistencia a necesidades socio sanitarias básicas da colectividade galega residente nesa cidade do Estado de Sâo Paulo.

Tamén cursara onte visita ao Centro Espanhol e Repatriación, da mesma localidade, e á Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao, na zona de Vila Monumento. Alí coñeceu de primeira man as necesidades da entidade e dalgúns dos galegos residentes na zona.

Premio Marcial Mariñas

O secretario xeral recibiu alí o Premio Marcial Mariñas, que lle foi concedido pola Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos. Trátase do maior recoñecemento outorgado por esta