O primeiro encontro de centros de estudos galegos no Brasil incide an la conexión cultural con Galicia
14 dic 2010 . Actualizado a las 11:33 h.A importancia de estudar galego en Brasil centrou a primeira mesa redonda do I Encontro das Cátedras e Centros de Estudos Galegos que se realiza neste país, unha iniciativa impulsada pola secretaría xeral de Política Lingüística en colaboración cos responsables das cátedras e centros de estudos galegos (CEG) en Brasil.
Durante a xornada, que celebrada na Universidade Federal Fluminense de Niterói, Anxo Lorenzo, fixo fincapé no obxectivo da secretaría xeral de establecer, por vez primeira, «as bases para avanzar no traballo en rede das cátedras e centros de estudos galegos». Con este fin, o secretario xeral anunciou a intención da secretaría xeral de poñer en marcha un programa de actividades anual para a «difusión lingüística, literaria e cultural, en colaboración cos principais actores do sector en Galicia», que poida ser compartido polos distintos centros de estudos galegos en función dos seus interestes e das posibilidades do momento.
Xunto co secretario xeral, participaron no encontro os representantes do Consello da Cultura Galega Rosario Álvarez e Henrique Monteagudo, o director e o vicedirector do Núcleo de Estudos Galegos da Universidade Federal Fluminense de Niterói, Fernando Ozorio e Xoán Lagares, respectivamente; a directora da Cátedra de galego e o profesor lector de galego da Universidade de São Paulo, Valéria Gil e Leopoldo Cañizo, respectivamente; a responsable do CEG da Universidade do Estado do Rio de Xaneiro, Maria do Amparo Tavares; e o profesor lector de galego na Universidade Federal da Bahia, Xosé Manuel Juane.