Ribadeo terá o seu propio arquivo da emigración en fotos

La Voz RIBADEO / LA VOZ

ACTUALIDAD

O Concello dixitalizará no momento as fotos que aporten os veciños

07 jun 2016 . Actualizado a las 09:21 h.

O Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo da Emigración Galega, e o Concello de Ribadeo levarán adiante o proxecto de recuperación documental e fotográfica da emigración galega, que foi presentado onte ó mediodía no salón de plenos.

A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, dixo que «qué mellor ocasión que iniciar esta campaña, de carácter permanente, no marco da terceira edición do Ribadeo Indiano. Non cabe dúbida que as e os ribadenses que un día decidiron partir da terra serviron de referente identitario aos seus descendentes e ao propio lugar de orixe. Moitos deles foron axentes de transformación política, económica e cultural da vila».

Todas aquelas persoas que conten con materiais referidos a emigración en Ribadeo, sexan fotos antigas ou outro material, escritos, etc, poderán entregalos na Oficina de Turismo os venres de 11 a 13 horas para a súa dixitalización no arquivo; seranlle devoltos no momento.