El talento excelente retorna a Galicia

Raúl Romar García
r. romar REDACCIÓN / LA VOZ

RETORNADOS

EDUARDO PEREZ

InTalent UDC-Inditex capta a dos científicos seleccionados de entre 106 de todo el mundo

25 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«Levo 11 anos fóra de España e estou de volta na casa». A Mónica Ferrín Pereira, licenciada en Ciencias Políticas en la Universidade de Santiago y doctora en Ciencias Políticas y Sociales por el Instituto Universitario Europeo, le costó regresar a Galicia, lo que ha logrado con su incorporación a la Universidade da Coruña. A José Antonio Iglesias Guitián, investigador en Ciencias de la Computación, le costó un año más, aunque en su caso cabría decir que vuelve al hogar, a la Facultad de Informática de la UDC donde se formó. Lo hará dentro de unos meses, cuando finalice su contrato en el Centro de Visión por Computador de la Universidad Autónoma de Barcelona. Ambos han recorrido varios países, donde se han formado con los mejores investigadores en su campo, y se han labrado un currículo excelente.

Es lo que les ha permitido el retorno gracias al programa InTalent UDC-Inditex, un proyecto de colaboración entre la Universidade da Coruña y la empresa Inditex para la retención, recuperación y captación del talento investigador con el objetivo de generar tejido científico e investigador de excelencia en el seno de la institución académica, un modelo pionero en España por el que ya se han interesado instituciones como la OCDE. Los dos se sumaran a otros cuatro científicos de élite que fueron captados en el mismo plan con anterioridad.

No es fácil, sin embargo, poder acceder. Solo lo consiguen los mejores. En la última convocatoria, para dos plazas, se presentaron 106 investigadores de todo el mundo, de 26 nacionalidades distintas. Entre ellos 17 asiáticos, 11 africanos y 9 americanos. Y los ganadores fueron Mónica Ferrín, que acaba de lograr también un exigente contrato Ramón y Cajal, y José Antonio Iglesias. «Foron seleccionados os mellores dos mellores», advierte Salvador Naya, vicerrector de Política Científica de la UDC. Y Ferrín lo agradece: «Grazas ao apoio de Inditex -dice- ofrécese un pouco de luz ao panorama negro que temos os investigadores».

Tienen por delante tres años de contrato para demostrar su excelencia, con otros dos prorrogables. Pero aún les queda pendiente el reto de la consolidación, algo a lo que se comprometió el rector de la UDC, Xulio Abalde, con un programa específico tanto para estos investigadores como para otros excelentes.

«Os cidadáns sofren un proceso de desafección coa democracia»

 

EDUARDO PEREZ

Mónica Ferrín (Moraña, Pontevedra, 1979) vén de traballar como investigadora posdoutoral no Collegio Carlo Alberto de Turín e na Universidade de Zürich, onde participou en numerosos proxectos nacionais e internacionais. Tamén foi membro do comité de expertos da OCDE para a medición da confianza política e social e traballa no deseño da Enquisa Social Europea para valorar as actitudes dos cidadáns cara á democracia. Asemade, é especialista en desigualdade de xénero na esfera pública.

-A súa análise indica que as mulleres participan menos en política. É así?

-Si. Por desgraza, na maioría dos países as mulleres participan moito menos na política que os homes. Non é só o número de candidatas que participan na política, senón que tamén se informan e se forman menos e dedícanlle moito menos tempo á política.

-Por que?

-Unha das trabas obvias é a situación familiar. As mulleres seguen levando o peso no coidado da familia e iso, claro, saca tempo. Pero despois hai moitos outros factores relacionados co rol que teñen as mulleres na sociedade. Normalmente son os homes os que saen á esfera pública e as mulleres asumen que esa é unha tarefa deles e tenden a evadila.

-Tamén en España?

-En España é exactamente igual. O número de mulleres que participan en política é moi inferior. E nos debates electorais só se viu a catro homes.

-Vostede deseña enquisas sobre a actitude dos europeos cara á democracia. Hai un desapego?

-A primeira enquisa fixémola no 2012, nun momento de crise económica. Entón, moitas das opinións sobre a satisfacción coa democracia en países afectados pola crise caeron en picado. Pero si que se está a dar ese proceso en toda Europa e o feito máis visible é o voto dos cidadáns a partidos que, no fondo, defenden unha democracia antiliberal.

-Ou antidemocracia.

-Eles chámanlle democracia antiliberal. É a mostra máis clara desa desafección política.

-E en España?

-Tamén. Estámolo vendo, por primeira vez. Cando estaba fóra, unha das cousas que me producía orgullo era que en España non aparecera un partido de extrema dereita, e eu pensaba que, no fondo, era porque a xente aínda tiña a memoria fresca da ditadura. Pero semella que xa nos esquecemos e as próximas eleccións van ser unha mostra clara de que nos estamos desarrimando da democracia. En xeral en Europa hai indicios de que os cidadáns están sufrindo un proceso de desafección coa democracia.

«Queremos visualizar datos médicos coas técnicas de Disney»

EDUARDO PEREZ

José A. Iglesias (Ribeira, 1980), investigador en Ciencias da Computación, está especializado en computación visual e gráfica. Traballou en Italia, cunha bolsa europea Marie Curie; na Universidade de Zaragoza, na división de investigación de Walt Disney en Europa; e, actualmente, na Universidade Autónoma de Barcelona. É coinventor de tres patentes nos Estados Unidos e foi galardoado cun Disney Inventor Award no 2016. No seu proxecto explorará técnicas de rendering e iluminación avanzadas para a visualización científica e para a súa adopción en simuladores virtuais, o que pode servir para mellorar imaxes médicas e simuladores virtuais de tráfico.

-Retorna a Galicia 12 aos despois. Houbo que pelexar para volver?

-É difícil tomar a decisión de marchar, pero no comezo da miña actividade sempre tiven a vocación de buscar fóra para formarme. Pero logo, cando pensas no futuro, de vez en cando miras para a túa casa a ver que podes atopar. Pero a verdade é que neses últimos anos era difícil atopar unha oportunidade realmente ilusionante. E agora atopeina.

-Vostede chegou a traballar en Walt Disney. Como foi?

-Eu estaba naquel momento na Universidade de Zaragoza, que tiña colaboracións con Disney, e chegounos un correo no que nos dicían que estaban buscando xente do meu campo. Tiven a sorte de que me elixiran e fun a Edimburgo.

-En que traballaba alí?

-Traballaba na división de investigación, e o noso papel era ser unha ponte entre a investigación académica e a aplicada á imaxe. Un reto que tiña que ver coas técnicas que se utilizan para xerar as películas de animación. Para producir unha imaxe limpa desenvólvense técnicas que o que fan é poder xerar esas imaxes en menos tempo.

-E aquí que fará?

-Será unha continuación da miña liña de investigación. Eu comecei adquirindo unha experiencia no campo da visualización científica, en visualizar datos cun contido con valor científico. Por exemplo, visualizar datos tridimensionais en medicina, como as tomografías ou as resonancias, que supoñen unha serie de retos. Gustaríame integrar este coñecemento coa experiencia que tiven traballando en Disney, porque hai un campo moi bonito que é a visualización de datos médicos utilizando técnicas de iluminación máis realistas, que se usaban desde hai anos nos efectos especiais no cine, pero que non se usaban en medicina. Temos a ambición de visualizar datos médicos empregando técnicas de iluminación como as que se usan nas películas de Disney.