Irene Quintela: «Non se pode ter medo todos os días»
Europa
A xornalista, que viviu en Molenbeeck, explica a súa experiencia tras os atentados
26 Mar 2016. Actualizado a las 10:56 h.
Irene Quintela (Parga, 1987) despertouse o martes, como toda Europa, a golpe de atentado. As explosións que arrasaron o aeroporto e o metro de Bruselas sacudirona igual que a os demais. «Estou un pouco nerviosa, sobrelevando o susto», dicía o martes pola mañá, pouco antes de saltar ao aire para ler un boletín informativo en Radio Alma, a emisora na que traballa. Onte atopábase xa algo máis tranquila.
-¿Está mellor?
-Si. Onte [polo martes] saín do traballo ás tres e media, fun a casa e estiven atendendo aos medios españois que me chamaron. Logo xa puiden saír a rúa e estiven dando unha volta tranquilamente polo barrio.
-Dicían algunhas persoas de fóra que o martes impresionoulles o silencio da cidade e ver todo pechado.
-Eu penso que esa sensación foi maior despois dos atentados de París. Agora eu percibo unha sensación como de... non quero dicir de alivio pero si como de que a xente pensa ?xa pasou. Agora deixárannos en paz?. Aínda que en realidade non sabes ata cando.
-Vostede coñece ben o barrio de Molenbeeck...
-Si. Estiven alí vivindo nove meses cando cheguei a Bruxelas, hai xa catro anos e medio. É curioso porque te sentes estraño alí sendo europeo. A meirande parte da poboación do barrio é marroquí, aínda que en realidade son belgas. Pero para min foi unha sorpresa.
-¿Adaptouse ben?
-A verdade é que non tiven problema. Para empezar porque o nivel de vida é máis baixo que no resto da cidade. Ti alí fas a túa vida normal e non tes problemas. Tes que entender, iso si, que alí prima a cultura da maioría da xente. Quero dicir que entras nun bar e está cheo de homes e todos te miran, por exemplo. Como si entraras nun bar de Casablanca, supoño.
-¿Entende a radicalización da poboación?
-Hai que ter en conta que alí teñen un índice de paro moi alto, familias numerosísimas nas que as nais teñen que facerse cargo de moitos fillos e onde hai poucas posibilidades de medrar. O perfil do novo yihadista é o dun rapaz novo, sen crenzas relixiosas profundas, pero que necesita un punto de referencia co que identificarse. Así caen en mans de organizacións como Sharia4Belgium, lávanlles o cerebro e acaban sentíndose homes da guerra.
-¿Volvería a vivir en Molenbeeck?
-Non, por comodidade. Pero penso que é alí onde hai menos posibilidades de que haxa un atentado.
-¿Qué lle parece a xestión que fixo o Goberno belga da ameaza terrorista?
-Hai moitos militares e policías na rúa, pero eu penso que é un pouco unha política de imaxe para tranquilizar á xente. Pero non foron quen de controlar a moitos combatentes de Siria que entraron e saíron varias veces do país.
-¿Dende os atentados de París e a xeralización desta sensación de medo, mudou as súas costumes?
-É verdade que despois do de París tiña máis medo. Evitaba saír. Pero non se pode ter medo todos os días. Non deixei de coller o metro por exemplo, cando o tiña que coller. Tamén entendo que é distinto o punto de vista de quen vai a pasar uns días con respecto aos que vivimos aquí.
-¿Os atentados modificaron en algo os seus plans?
-Non. En absoluto. Aquí non se celebra a Semana Santa, así que non hai cambios.
-¿Chegou a plantexarse retornar a Galicia?
-A idea de volver sempre está no punto de mira. Non me vexo aquí eternamente, pero non volverei polos atentados.