GlobalGalicia

«Irme a Chequia foi unha experiencia enriquecedora»

Emigrantes a corto plazo

m. a. l. viveiro /  la voz

La burelense Amara Chao estudió tres meses en el país europeo

25 Jun 2014. Actualizado a las 11:08 h.

A estudante Amara Chao (Burela, 1996) foi unha das participantes no programa que lles permite gozar a varios alumnos do IES Monte Castelo dunha estancia de tres meses na República Checa, unha experiencia da que garda un inmellorable recordo.

-¿Que significou para vostede esa estancia na República Checa?

-Foi unha experiencia moi boa, sin dúbida unha das mellores da miña vida ata o de agora. É unha oportunidade magnífica para coñecer outras culturas, outros países e facerte máis independente como persoa. O feito de irte con 16 anos para un país no que non se fala un idioma que controlas é moi enriquecedor porque tes que buscarte a vida e intentar defenderte, xa que alí non cho dan todo feito e o estilo de vida é totalmente diferente. Estiven cunha familia de acollida checa que me tratou moi ben.

-Participou nalgún programa europeo máis do centro?

-Si, tamén teño participado nos intercambios dunha semana con institutos franceses.

-Recoméndalle á xente que se apunte a estes programas?

-Si, porque é unha experiencia única, que te vai marcar moito e nunca vas esquencer na vida.

-Na Selectividade foille moi ben. Xa ten pensado que vai estudar?

-Si, saquei un 13,10 en total, pero pedín unha revisión porque me pode facer falta máis nota. Estou dubidando entre facer un dobre grao de Internacionais con Políticas ou con Xornalismo. A experiencia de Chequia foi determinante á hora de decantarme por este tipo de estudos.


Comentar