A Carballeira de Cercio leva o folclore galego a Murcia
España emigración
A agrupación lalinense iniciará os ensaios da nova tempada o vindeiro 4 de outubro cunha vintena de cativos na escola
29 Sep 2014. Actualizado a las 09:01 h.
Os integrantes da agrupación folclórica de A Carballeira de Cercio (Lalín) desprazáronse a Murcia para tomar parte nun festival que se celebrará hoxe. A práctica totalidade dos bailaríns, a excepción de tres que non puideron viaxar por cuestións persoais, atópanse dende onte na capital murciana onde xunto a unha formación local e a unha alacantina tomarán parte no evento festeiro. Unha viaxe que durou un chisco máis do previsto o vérense obrigados os membros de A Carballeira a mudar de autobús en Cea por mor dunha avaría no motor do bus. «Non nos pasou nada. Só significou un pouco de retraso pero o aproveitamos para conversar e intercambiar opinións respecto deste desprazamento que era un dos que nos faltaba dentro do colectivo. Agora, despois de que actuemos en Murcia, só nos quedará Navarra e o País Vasco sen haber feito ningunha actuación alí. Haberá que pensar en promover algún intercambio con agrupacións locais para os vindeiros anos», comenta dende a capital murciana Javier Blanco.
A formación, que conta nas súas filas con vintecinco bailaríns, levou a Murcia un amplo repertorio do folclore galego. «Cando imos fóra procuramos levar un amplo repertorio de jotas e muiñeiras, ao igual cun vestiario ben variado para que se poida ver a amplitude que existe na comunidade. Non é ao mesmo cando facemos unha actuación aquí na que se procura ir vestidos todos iguais».
Á volta, que se materializará na xornada de mañán, agárdalle a agrupación o inicio dunha nova tempada. «Os ensaios se van a retomar o próximo 4 de outubro. Prodúcese un parón respecto das actuacións e nos centraremos xa na preparación da nova tempada. Agardamos tamén que cheguen ao grupo novas incorporacións de cativos malia que A Carballeira tén futuro ao contar con 25 bailaríns maiores e uns 16 cativos. Penso que é unha cifra moi meritoria para un grupo dunha parroquia cativa que tamén conta nas súas costas con actuacións por prácticamente toda España», puntualiza o bailarín Javier Blanco.