Galicia en Madrid: 50 anos de literatura e política
España emigración
Ana Acuña publica «Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950 - 2000)
09 May 2014. Actualizado a las 12:41 h.
A profesora Ana Acuña atesoura neste libro un rigoroso traballo de investigación e documentación, levado a cabo durante moitos anos. Exposto de maneira precisa, posibilita que nos conduzamos con pertinencia e garantías polo universo da literatura e a política feita en Madrid por integrantes da Mocedade Universitaria Castelo, pasando polos Brais Pinto ata Grupo Bilbao entre outros. Un ensaio luminoso e sólido, preciso para reconstruír lagoas que xa non o son tanto e que, por certo, dá xenio ler.