GlobalGalicia

Facenda debe devolver os cartos aos emigrantes

Actualidad

Carta del Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña

31 Jan 2014. Actualizado a las 11:36 h.

Dende o Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña esperamos que esta decisión se traslade a todos os afectados, e que a Administración de Facenda comece a devolver os cartos a aqueles afectados que efectuaron o pagamento das sancións. Ante a nova aparecida hoxe en diferentes medios de que a Facenda española retiraba a sanción a un afectado en vía administrativa, os afectados da Mariña mostrámonos contentos pero non satisfeitos. Non podemos estar satisfeitos posto que, aínda que é un paso cara adiante -logrado pola presión exercida polas diferentes plataformas aos Gobernos da Xunta e do Estado- de ninguna maneira é unha vitoria, xa que só consideraremos rematada a nosa loita reivindicativa cando conquiramos todos e cada un dos puntos exixidos.

Dende o Colectivo advertimos aos distintos Gobernos de que non imos deixarnos engaiolar, que temos claras as nosas demandas: eliminación das sancións, devolución dos cartos aos afectados que xa as pagaron e modificación da lei. Mentres estas non sexan escoitadas manterémonos na loita, conscientes de que a administración estatal -e por servilismo tamén a autonómica- vén difundindo noticias ?tranquilizadoras? nos últimos tempos co único obxectivo de desmobilizar aos retornados e debilitar o tecido asociativo das plataformas de afectados, como aconteceu coa presunta ?parálise temporal de sancións? anunciada pola conselleira de facenda, cando neses mesmos días varios mariñaos estaban a recibir as notificacións da Axencia Tributaria.

14 de febreiro

O vindeiro 14 de febreiro todos os colectivos de retornados da Galiza demostraran a súa capacidade mobilizadora e reivindicativa diante das delegacións de Facenda no noso país. Nós farémolo en Foz, coa mesma vontade de sempre e sen dar nin un paso atrás até que vexamos restablecida a xustiza para cos emigrantes retornados. Queremos aproveitar para agradecer e animar a seguir loitando a todos os compañeiros do colectivo.


Comentar