GlobalGalicia

Intensa semana de literatura galega en Barcelona

Actualidad

O mércores 19 presentarase no Arts Santa Mònica o libro «Os eidos» de Uxío Novoneyra mentres que o xoves o Centro Galego acollerá unha mesa redonda en torno á obra de Alfonso Pexegueiro.

18 Jan 2011. Actualizado a las 21:18 h.

Barcelona vive uns días repletos de literatura en galego. Así, este mércores 19 terá lugar no Arts Santa Mònica a presentación do libro Os eidos. O Libro do Courel de Uxío Novoneyra, autor ao que se adicou o Día das Letras Galegas do 2010. O acto terá lugar na sala de actos de devandita asociación ás 19.00 horas e nel intervirán a investigadora e profesora de literatura gallega en la Universitat de Barcelona, Helena González, o prologuista do libro, Ignacio Castro Rey, o editor José Luis Gallego, a poeta Branca Novoneyra e p moderador Manel Guerrero Brullet.  

Promovida por Árdora Ediciones e Arts Santa Mònica, durante a presentación evocarase a figura do escritor galego.

Xoves, mesa redonda

O xoves, pola súa parte, terá lugar na sede do Centro Galego de Barcelona unha mesa redonda en torno á obra de Alfonso Pexegueiro, autor, entre outros títulos, de O lago das garzas azuis, Dados blancos e Blasfemias de silencio. O escritor estivo vinculado á cidade condal, na que residiu dende o ano 1985 ata o 2000.

No acto intervirán o director de teatral Xabier Albertí, o escritor e dramaturgo Guillem-Jordi Graells e o profesor da Universitat de Barcelona, Camilo Fernandez.

 

       


Comentar