O Centro de Residentes do Grove de Buenos Aires cumple 75 anos
Actualidad
O Delegado da Xunta visitou as instalacións do centro e fixo entrega dunha bandeira de Galicia para a institución
29 Sep 2009. Actualizado a las 15:26 h.
O Delegado da Xunta de Galicia en Arxentina, Alejandro López Dobarro, reuniuse este domingo coa directiva do Centro Residentes do Grove de Buenos Aires na súa sede social de Avellaneda. López Dobarro fixo un percorrido polas instalacións do centro e tivo ocasión de comprobar in situ a evolución das obras de reforma que se están a acometer para a mellora e reparación do lugar.
Así mesmo, Alejandro López Dobarro interesouse polas características e as necesidades da institución.
Máis de 260 asociados
Residentes do Grove celebrou o seu 75 aniversario de existencia neste barrio da Provincia de Buenos Aires. Na actualidade, conta con máis de 260 asociados e desenvolve actividades sociais, culturais e de lecer para unha poboación composta maioritariamente por galegos e os seus descendentes, aínda que tamén participan veciños da zona con devanceiros de diversas orixes.
Bandeira de Galicia
Na súa visita de hoxe, o Delegado da Xunta fixo entrega á institución dunha bandeira de Galicia para que ondee no exterior do edificio nas datas máis sinaladas.
Para a conmemoración desta efeméride, o Centro Residentes do Grove celebrará na súa sede un encontro cos asociados e invitados onde se degustará a gastronomía típica de Galicia e doutras rexións españolas.