GlobalGalicia

O secretario xeral da Emigración ve na xuventude aos potenciadores da galeguidade

Actualidad

Redacción dixital

Camba resaltou o interese do seu departamento en que a xuventude asuma responsabilidades e participe activamente na vida asociativa.

29 Sep 2009. Actualizado a las 12:10 h.

O secretario xeral da Emigración Santiago Camba vén de finalizar a súa estadía en Río cun encontro cos distintos membros da sección de mozos das entidades galegas no estado. Do foro de debate que mantivo con estes mozos destacou «a grande potencialidade, sentido creativo e habilidades directivas destes futuros membros dos equipos de xestión dos centros».

Neste sentido, Camba resaltou o interese do seu departamento en que a xuventude asuma responsabilidades e participe activamente na vida asociativa, sendo a eles a quen corresponda ser «herdeiros naturais dunha digna continuidade para potenciar a galeguidade no mundo».

«Velar pola saúde e o amparo»

Santiago Camba participou en Río nos actos de celebración da Hispanidade da Sociedade Recreio dos Anciaos, no trasncurso do que incidíu na idea que «ao igual que os edificios se asintan sobre cimentos sólidos, a base de sustentación do benestar dos nosos emigrantes require de solvencia en materia asistencial, desafío profesional e colaboración constante, facendo causa común co Goberno Galego na fundamental tarefa de velar pola saúde e o amparo».

Sociedade, recreio dos anciaos

A entidade foi fundada en 1940 polo pontevedrés Manuel Barreiro Cavanelas, natural de Covelo. A Sociedade única polas súas características en todo o Estado de Río de Xaneiro, acolle anciáns temporal ou permanentemente de forma gratuíta dando prioridade aos españois necesitados e maiores. Levan a cabo unha asistencia integral aos acollidos que inclúe alimentación, vestiario, servicios médicos, fisioterapia, ou terapia ocupacional, «mellorando así o aspecto social, emocional e psicolóxico». No ano 2004 concedéuselle a título póstumo a Medalla de Galicia na categoría de bronce ao que foi seu presidente, Manuel Taboada Quintás por seren impulsor de varios programas de cooperación con colectivos marxinais asentados en favelas en Brasil.


Comentar