Os galegos de Cornellá conceden os premios Rosalía de Castro de poesía

La Voz

ESPAÑA EMIGRACIÓN

Javier F. Rouco Ferreiro recibio o primeiro premio polo seu poema «A escrita da Luz»

29 nov 2016 . Actualizado a las 12:00 h.

O Sábado 26 de novembro, celebrouse o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro 2016, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona) que este ano acada a súa XXX edición, e no que xe lle concedeu o primeiro premio a, Javier F. Rouco Ferreiro polo seu poema «A escrita da Luz». 

O acto de concesión dos premios foi precedido da presentación, no Centro Cultural García Nieto de Cornella, do libro, Follas Novas de Rosalía de Castro unha edición crítica, que inclúe notas e comentarios do autor, Anxo Angueira sobre o texto rosaliano, co que quere facilitar a lectura do libro, especialmente ao alumnado de Educación Secundaria e universidade, pero tamén aos estudosos da obra de Rosalía, e facer máis cómoda a súa lectura, para o lector en xeral. Como nos ten acostumados Anxo Angueira volveu a darnos unha lección maxistral dos textos de Rosalía en Follas Novas, coa súa narración e explicación.

Asemade, celebrouse un recital musical a cargo de «2naFronteira» Carmen Penim, Maurizio Posinelli que deleitou aos asistentes con cancións do seu cuarto disco Son de Nós, así como do novo proxecto no que esta inmersa, todo unha gozada escoitar e ver en directo a actuación de Carme Penim, interpretando aos poetas clásicos galegos e tamén cancións de autoría propia. Un recital moi recomendable para ver e pasar uns momentos de deleite a través da musica e a enorme voz de artista.

 Pola noite e no transcurso dunha Cea celebrada nas dependencias da entidade e presidida polo presidente da Asociación Oliver Fernández, á que asistiron numerosos socios e amigos da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Cataluña e Galicia, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornella e delegacións doutras entidades galegas de Cataluña, o presidente do xurado do certame, Anxo Angueira Viturro.

Os gañadores deste ano 2016 na súa 30 edición do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro foron os seguintes:

- Primeiro premio: conseguiuno, Javier Rouco Ferreiro de A Coruña, polo seu poema titulado «A escrita da Luz».

 - Segundo premio: para, Miriam Ferrandás, de Bueu (Pontevedra), polo poema «Situarémonos fronte ao frío, berrando».

 - Terceiro premio: para, Modesto Fraga Moure, de Arteixo (A Coruña), polo seu traballo «Éxodo».